Regresar

Queres participar coa escola?

Non o dubides . fala con nós. 

Como pode participar a túa empresa?

Queremos achegar o sector productivo á aula e para iso necesitamoste!

OBRADOIROS

Podes solicitar impartir charlas informativas e/ou obradoiros nas nosas instalacións. Un xeito de darte a coñecer e comunicarte cos/as futuros/as audioprotesistas. 

DOAZÓn

Contas con equipos clínicos que xa non empregas? Moldes ou próteses auditivas avariadas para desbotar?  Deámoslle unha segunda vida nas nosas aulas, ao tempo que coidamos do planeta. 

MENTORIZACIÓN

Tes algún proxecto de investigación que queiras poñer en marcha? Mentorizar os proxectos fin de ciclo do alumnado pode ser unha boa oportunidade.

teleaudioloxía

O teu saber facer importa! Participar no proxecto social como técnico de audioloxía é toda unha experiencia. De xeito presencial ou de forma online, serás un referente.

“Audioloxía Informa” é un proxecto vivo, feito por e para os futuros técnicos/as de Audioloxía Protésica. O noso alumnado participa cada ano na realización da súa FCT (Formación en Centros de Traballo) en distintos gabinetes audiolóxicos de Galicia, sen dúbida unha gran oportunidade profesional para a súa formación. Se non coñeces esta opción, e na túa empresa queredes contar con alumando en prácticas de carácter non laboral, preme aquí.

Con este proxecto, queremos achegar esa realidade xa desde a aula, e para iso realizamos distintos tipos de colaboracións: obradoiros, doazón ou cesión en concepto de préstamo, mentorización, teleaudioloxía… ou calquera outro formato que se adapte á túa empresa.

Dar a coñecer a túa empresa aos futuros/as profesionais do sector, participar co noso proxecto social ou incluso realizar formación específica é unha das moitas opcións que che ofrecemos como empresa.

FAITE

Instructor/a

Queres saber como?

Explicámoscho todo

Estás especializado nalgún área específica e gustaríache impartir formación online? 

Como ben sabes o sector da Audioloxía atópase en continuo cambio e desenvolvemento, por iso é tan importante contar con formación de referencia. Desde os centros integrados de formación profesional da Xunta de Galicia, apostamos pola renovación continua da formación. 

Son moitas as empresas que colaboran con talleres no noso centro, agora queremos darvos a oportunidade de difundir os vosos propios cursos de formación. Tanto se es unha grande ou pequena empresa, relacionada co sector productivo, como se es un técnico en audioloxía protésica, contamos con distintas opcións para que a túa participación sume.  

Falamos? Xuntos atoparemos a fórmula que máis se adapte ás túas necesidades, e cumpra coas necesidades específicas do noso alumnado. 

Buscas novos profesionais?

Dispoñemos dunha bolsa de emprego na que podes inscribir as túas ofertas laborais, estas comunícanse directamente aos antigos/as alumnos/as. E se precisas unha atención máis personalizada envíanos un correo!

Doa

Próteses

Queres doar próteses auditivas á nosa escola? 

Un dos obxetivos deste proxecto é ofrecer próteses auditivas a persoas sen recursos pero non contamos con recursos económicos para levalo a cabo sen axuda das empresas ou outros colaboradores. Por iso abrimos as nosas portas a calquera empresa que queira doar audífonos ou varillas auditivas.

Quen colabora coa escola?

Se ti tamén queres participar, non dubides contactar con nós.

Doar audífonos

Se queres facer a túa doazón de audífonos para axudarnos a levar a cabo o noso proxecto social ponte en contacto con nós no formulario ou enviando un email a info@audiologiainforma.gal.

    Participar como usuario de estudo

    Buscamos xente disposta a participar no noso proxecto como usuario de estudo, se estás interesado en colaborar non dubides en poñerte en contacto con nós.

      Participar como colaborador

      Estamos abertos a todo tipo de colaboración para facer deste un proxecto amplo e prestixioso, se crees que podes colaborar con nós estaremos encantados de contar coa túa participación.