Regresar

Oír para vivir 4.0

“Oír para vivir ” é un proxecto social de innovación didáctica, baseado no uso da metodoloxía aprendizaxe – servizo. Este proxecto nace no ano 2015, no CIFP Manuel Antonio de Vigo, impulsado por Vanessa Moure e Soledad Vila Rico, ante a necesidade de integrar a realidade do sector na aula. 

O mesmo, artellouse grazas á colaboración da empresa INTERTON, a cal cedeu próteses auditivas que foron adaptadas a distintos beneficiarios/as. Para a selección dos mesmos, contouse coa colaboración de Cáritas e Cruz Vermella de Vigo, e da audioprotesista, Elvira Ces Rodríguez, do centro CES de Vigo

Coa inquedanza de seguir avanzando, ponse en marcha a creación deste entorno virtual educativo multiplataforma, que favoreza a autoaprendizaxe e a comunicación entre o alumnado, docentes e sector productivo de audioloxía protésica. 

Grazas ao Premio de Innovación Educativa, na modalidade “Didáctica”, da Xunta de Galicia 2020 este proxecto faise realidade. Deste xeito, lanzamos a plataforma “Audiología Informa”, coa que se converte á aula nun centro de actividade, dotando así ao alumno/a de coñecemento específico, a través de estratexias de e-learning.

 

Grandes

RETOS

Poñer en valor a formación: un reto persoal e social

Grazas a este proxecto, o noso alumnado adquire responsabilidade social, xa que a súa formación resolve problemas de audición que melloran a vida das persoas.
Deste xeito, toman conciencia da súa aportación á sociedade.

Favorecer a inserción laboral do noso alumnado

O alumnado adquire maior visibilidade e, sérvelles de plataforma, para amosar o seu coñecemento ao sector empresarial. Deste xeito,dan a coñecer a súa tarxeta de presentación.

Obxectivos do proxecto

Coa creación deste espazo virtual multiplataforma, preténdese dotar ao alumno/a das competencias precisas para a súa vida profesional, por medio do uso intensivo de Internet e das TIC para mellorar a calidade de aprendizaxe.

colaboración

  • Fomentar a colaboración e intercambio de información áxil entre usuarios. 
  • Integración coas novas metodoloxías didácticas e o aproveitamento das TIC. 
  • Acadar maior permeabilidade entre o mundo educativo e o sector empresarial

mellorar a calidade

  • Innovación na elaboración dos materiais didácticos.
  • “Aula ao revés”, o profesor como guía de aprendizaxe.
  • Aumento da motivación do alumnado ao implicarse na súa autoaprendizaxe.

favorecer o acceso

Favorecer o acceso á información específica de Audioloxía Protésica do alumnado, profesorado de nova incorporación e profesionais do sector que precisen información e formación.


creatividade

Fomentar a creatividade e a innovación no alumnado ao longo da súa vida formativa e profesional.

inserción laboral

Servir como plataforma de inserción laboral do alumnado no sector empresarial por medio da creación dun portfolio.

coñece o noso

Proxecto social

“Oír para vivir” achega á aula, tanto aos profesionais das empresas do sector da audioloxía, xunto cos seus produtos, como aos usuarios/as finais receptores dos coidados.

Dito proxecto permite realizar adaptacións reais de próteses auditivas, doadas polas diferentes casas comerciais, e promover unha campaña de sensibilización social empregando as redes sociais como medio de difusión e establecendo unha coordinación do traballo co sector productivo antes de sair ao mercado.

Grazas á colaboración levada a cabo coas Residencias da Terceira Idade da Xunta de Galicia ofrécese aos alumnos un programa de utilidade real que posibilita a posta en práctica inmediata da súa aprendizaxe na realidade profesional, ao incorporar ao usuario de audiófonos como elemento activo na aula. 

Cada alumno/a será responsable de supervisar e seguir persoalmente ao beneficiarioa, facendo que tomen conciencia da necesidade de responsabilidade que a súa profesión implica.


Ti tamén podes formar parte do proxecto.

Únete a nós. Se che parece interesante o que facemos non o dubides e colabora. 

Tes dúbidas?

Consulta as respostas ás preguntas máis frecuentes.

Como podo participar como beneficiario/a ?

Calquera persoa cunha hipoacusia diagnosticada por un médico ORL, que non conte con recursos económicos para poder adquirir unha prótese auditiva, e non fose beneficiario dunha axuda para este fin, pode enviar un mail a info@audiologiainforma.com. Non esquezas explicar brevemente o motivo da consulta, datos de contacto, e o informe do ORL.  

A que me comprometo se son seleccionado?

Entregarémosche un documento da cesión de incorporación de datos clínicos ao noso ficheiro, atendendo á protección da L.O.P.D. e de xeito codificado. Do mesmo xeito, para cada unha das probas que se che realicen darémosche un consentimento informado. No caso de que se poida conseguir unha prótese auditiva, esta cederase por medio dun documento, no que te compretes a coidar da mesma mentres a uses, e a participar activamente coa escola. 

Como se realiza a selección de candidatos/as ?

O primer paso é estudiar o informe clínico e a información aportada para ver se é idóneo para a participación no proxecto. A continuación, expónse o caso na aula e valórase a idoneidade do mesmo a nivel educativo. Unha vez que este é considerado de interese clínico, contáctase para a realización do estudo audiolóxico. En función do problema auditivo e das próteses auditivas dispoñibles, decídese finalmente a inclusión no proxecto.

En que consiste o estudo audiolóxico ?

Realízase unha entrevista inicial e unha otocospia, para ver se é posible realizar o resto do estudo. De ser así, repítese a Audiometría Tonal, logoaudiometría e timpanometría, valorando cada caso de xeito personalizado segundo os recursos dispoñibles no centro educativo.